Plenos do Concello
A denuncia do BNG diante da Valedora do Pobo logra que o Alcalde convoque pleno en Gondomar despois de catro meses
15/xuño/2020
O atraso na convocatoria de pleno provoca que teña unha orde do día de 38 puntos, dos que a metade son mocións presentadas polos grupos políticos, a maioría delas relacionadas co COVID-19.
Ante unha convocatoria que contempla que o pleno se desenvolva exclusivamente por vídeo conferencia, o BNG insta ao Alcalde a posibilitar a participación presencial das e dos corporativos que o desexar, gardando todas as medidas de seguridade establecidas.