O BNG non participará no pleno extraordinario convocado para o venres
Manuela Rodríguez, voceira do BNG en Gondomar: “O contido dese pleno non ten sentido neste momento. O que urxe agora é debater, acordar e poñer en marcha medidas para facer fronte aos efectos sociais e económicos da crise do COVID-19 no noso concello”
Instan novamente ao Alcalde a convocar o pleno que Gondomar precisa: “Non facelo é unha irresponsabilidade, Sr. Ferreira”
O BNG denuncia a actitude electoralista dos portavoces do Partido Popular no Val Miñor repartindo máscaras para as crianzas
Lémbranlles que é o goberno da Xunta, que ten as competencias en sanidade, quen debe fornecer de máscaras á poboación galega.
"Se queren colaborar, fágano de forma anónima e non utilizando a preocupación das familias ante algo tan serio como o coronavirus, para saír na foto”
O BNG insta á Mancomunidade do Val Miñor a activar de inmediato un protocolo de medidas protección das e dos traballadores do GES fronte ao COVID-19
“Desde o BNG”, afirma Rodríguez, “faremos seguemento do cumprimento destas medidas que a Mancomunidade, é dicir, os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, deberían ter habilitado desde o primeiro momento”.
O BNG insta ao Alcalde a iniciar a plataforma de venda on-line ao mesmo tempo para todo o comercio local
Manuela Rodríguez: “Facelo só para a hostalaría ven ser unha discriminación por razón de actividade comercial”.
A organización nacionalista exixe novamente a celebración dun pleno ordinario no que aprobar un paquete de medidas para paliar os efectos da crise no concello.
O BNG denuncia que alumnado de Gondomar vaise ver discriminado se a Xunta mantén a errada decisión de rematar o curso co ensino a distancia
A organización nacionalista ven de propoñer á Xunta, a través da súa Portavoz Nacional Ana Pontón, que se avalíe sobre os contidos impartidos até o 12 de marzo e que se favoreza o pase de curso académico.
A Portavoz Municipal, Manuela Rodríguez, solicita do Alcalde a convocatoria dun pleno onde aprobar medidas e tomar acordos fronte a crise socio-sanitaria do coronavirus.
O pleno de Gondomar aproba unha moción do BNG sobre os comedores escolares
Solicitan dos gobernos local e da Xunta a instalación dunha cociña nun centro escolar do concello que dea servizo a todos os centros educativos de Gondomar, tal como solicitan as ANPAS.
Instán ao goberno de Feijóo a recuperar a xestión pública dos comedores como garante duns servizos públicos universais e gratuítos.