local
medio ambiente
Cartaz Concentración

O BNG lamenta que as primeiras enchentes do outono-inverno volvan causar danos pola inoperancia dos gobernos local e galego

Veciñanza e comerciantes das zonas inundábeis volven vivir co medo de repetir situacións pasadas mentres as institucións aínda non fixeron nada por evitar os asolagamentos

O BNG convoca concentración para este sábado ás 12h diante do Concello en demanda de medidas urxentes que eviten peores consecuencias que as de hoxe

Ler novas
Vídeo

Vídeo BNG - Comercio Local Gondomar

Neste vídeo amosamos a situación do pequeno comercio en Gondomar. Cada vez son máis os locais baleiros, pechados.

O Goberno de Paco Ferreira non é quen de xestionar o crecemento do concello e está a facer del unha vila dormitorio, incapaz de conseguir un Gondomar para vivir.

Ler novas
Comercio Local
FotoEncontroComercio

O BNG aposta por lle devolver a vida ao comercio local e de proximidade en Gondomar

Manuela Rodríguez: "É fundamental a dinamización do comercio local desde o goberno municipal con medidas que contribúan ao seu desenvolvemento e subsistencia.

Recollemos as propostas para o sector que representantes da pequena empresa local nos trasladaron no encontro realizado o mes pasado. Fixemos algo tan simple como reunirnos co sector para o escoitar, algo que non foron quen de facer nin a concelleira de comercio nin o Alcalde, acostumado a gobernar dende o Facebook.”
 

Ler novas
Concello de Gondomar
FotoRotondaObraGondomar (2)

O BNG denuncia absoluta improvisación e falla de previsión do Goberno local na execución das obras que promove

Manuela Rodríguez: “Un claro exemplo é a obra da rotonda de acceso ás estradas de Peitieiros e Chaín. Semella unha montaña rusa que supón un claro dano para os vehículos, ademais de crear outros trastornos na circulación”

 

Ler novas
eleccións nacionais
Manuela02

O BNG de Gondomar insta ao goberno local a contactar con representantes dos locais que, sen previo aviso, ofertou para as votacións das eleccións galegas do 12 de xullo

Manuela Rodríguez: “O concello debe garantir que os espazos para a realización das votacións cumpran cos requisitos imprescindíbeis nesta cita electoral condicionada pola preventiva distancia física”.

Denuncian a improvisación do Sr. Feijóo por convocar eleccións no medio da desescalada sen ter preparado un mínimo protocolo que trasladar aos concellos.

Ler novas