Veciñal
medio ambiente

A veciñanza de Gondomar concéntrase diante do Concello para reclamar o seu dereito ao servizo de saneamento

Veciñas e veciños denunciaron o agravio que supón a falla dese servizo básico de competencia municipal, que afecta ao 44% das vivendas do concello, e esixiron do Goberno local un plan urxente e priorizado de investimentos.

Manuela Rodríguez: “A veciñanza decidiu pasar a acción porque a realidade municipal é que hai máis de 3.000 vivendas sen sanear mentres o Sr Ferreira pretende tapar a súa neglixencia con baleiras promesas electorais”.

Ler novas
medio ambiente
FotoCartazConcentración

O BNG de Gondomar convoca unha concentración veciñal a prol do saneamento integral do concello

Na concentración, que terá lugar o vindeiro sábado 21 ás 11:30h diante do Concello, a veciñanza das parroquias será a protagonista e tomará a palabra para expoñer de primeira man as deficiencias e necesidades no servizo de saneamento

Manuela Rodríguez: Non é unha prioridade para este Alcalde que, en sete anos de goberno, só destinou 208.000€ a obras de novo saneamento, algunha aínda sen empezar

Ler novas