PARROQUIAS
medio ambiente
ManuelaRPumar e DavidRivas - BNG

O BNG explicou en Donas o voto do goberno local en contra das medidas para mellorar este servizo nas parroquias

O Bloque Nacionalista Galego continúa coas mesas de debate da súa campaña polo saneamento integral do concello de Gondomar. O pasado sábado 16 de abril estiveron no Centro Cultural de Donas onde puxeron en común coa veciñanza a situación do saneamento na súa parroquia e recolleron e trasladaron propostas de mellora neste servizo de competencia municipal.

Ademais, a portavoz municipal, Manuela Rodríguez, explicou os modos e os argumentos do voto do goberno local en contra das medidas contidas na moción presentada polo BNG e que foi debatida no pleno do pasado xoves 7 de abril.

Ler novas
Suba da luz
Acción CIG 3-10-21. Queima simbólica de facturas da luz

O BNG denuncia que Naturgy volve deixar sen luz a varias parroquias de Gondomar

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: É indignante que cando o BNG propón medidas como o soterramento das liñas que atravesan o monte, para evitar as avarías producidas polas caídas de árbores sobre elas ou polo impacto de pólas e cascas, a resposta sexa sempre a mesma: é moi caro. E logo vemos como en 2020, en plena pandemia, as eléctricas obtiveron  beneficios multimillonarios: Naturgy 490 Millóns de euros, Endesa 1.394, Iberdrola 3.610.”

Ler novas
transporte
Foto Asemblea Morgadáns Transporte_23032018

O BNG reclama a reposición inmediata da liña de Melytour polas parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.

En asemblea convocada polo BNG e celebrada o pasado venres en Morgadáns, as veciñas e veciños presentes acordaron a presentación no rexistro do concello das 268 sinaturas recollidas pola veciñanza afectada desde hai case un ano pola suspensión arbitraria do servizo de transporte público ás parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, por parte da empresa concesionaria Melytour, na súa ruta circular de comunicación coa vila de Gondomar e con Vigo.

Por outro lado, e dado que a empresa de transporte insiste en que a interrupción do servizo está causada polos danos que os pasos de peóns sobreelevados ocasionan nos vehículos grandes ao seu paso pola vila nas rúas do Emigrante e das Pereiras, de titularidade municipal, tamén se acordou solicitar unha reunión da veciñanza coas partes, Alcalde, Concelleiro de Tráfico e Mobilidade e a empresa Melytour, na que estas poñan sobre a mesa cales son as dificultades, se as houber, para resolver o conflito, e na que se acorde unha solución que permita a reposición inmediata do servizo suspendido. Algo que xa se ten reclamado en reiteradas ocasións sen aparente interés por parte do Alcalde que até hai escasos meses tamén ostentaba as delegacións de tráfico e mobilidade.

BNG

Ler novas