O BNG levará ao pleno a escaseza de persoal no centro xeriátrico Vila do Conde de Gondomar
Na reunión mantida co BNG, as traballadoras relataron unha situación alarmante que provoca unha elevada sobrecarga física e mental e acaba afectando a calidade do servizo
Manuela Rodríguez: “O Concello de Gondomar debe velar polo benestar da toda a súa veciñanza, e as 130 persoas residentes en Vila do Conde tamén fan parte dela”
Carmela González: “Cómpre esixir responsabilidades á empresa e á Consellaría de Política Social para garantir a correcta prestación do servizo e a óptima calidade asistencial.”