Concello de Gondomar
O BNG denuncia que o PP actúa contra o benestar da veciñanza de Gondomar
29/dec./2023
Manuela Rodríguez: “O rodete da maioría absoluta do PP de Rueda, ao rexeitar a totalidade das catorce emendas parciais formuladas polo BNG de Gondomar á proposta de orzamentos da Xunta para o exercicio 2024, impedirá, co silencio cómplice do PP local de Paula Bouzós, o investimento de máis de tres millóns de euros no noso concello”