O BNG organiza unha subida ao Galiñeiro por unha Serra libre de eólicos
O BNG realiza unha subida ao Galiñeiro para esixir a paralización do proxecto de instalación dun parque eólico nese enclave natural e demandar o incremento da protección ambiental da serra
O BNG esixe dos gobernos da Xunta e de Gondomar a garantía inmediata da prestación servizo de comedor escolar no vindeiro curso
Carmela González, deputada do BNG no Parlamento galego, e a portavoz municipal, Manuela Rodríguez, reuníronse con representantes das ANPAs de Gondomar para abordar a situación provocada pola deixamento de funcións de ambas administracións.
O BNG presenta unha iniciativa no Parlamento Galego reclamando a mellora da atención sanitaria no Val Miñor
Demanda do goberno do PP a volta á atención presencial e o reforzamento do persoal sanitario e non sanitario nos centros de saúde, e a ampliación das especialidades prestadas no Val Miñor para evitar as listas de agarda, nomeadamente en saúde mental.
O BNG pide a paralización do proxecto eólico no Galiñeiro e demanda aumentar a protección ambiental da serra
A fronte nacionalista intensifica a súa ofensiva de oposición a un proxecto “agresivo e aberrante” contra un enclave natural de enorme valor.
O BNG insta aos Gobernos de Gondomar e da Xunta a explicar ás familias que vai pasar cos comedores escolares e as aulas madruga no vindeiro curso 2021-2022
Manuela Rodríguez: “Se van mudar o modelo de xestión, que o fagan con tempo e sen improvisacións. Non vaian deixar tiradas as familias como pasou neste curso coas aulas matinais.”
O BNG de Gondomar denuncia arbitrariedade e actitudes autoritarias no establecemento e comunicación dos aforos das terrazas da hostalaría local
Manuela Rodríguez: “É inconcibible que nun momento de extrema debilidade económica do sector, provocada polos peches totais ou parciais continuados por mor da pandemia, o goberno municipal decida poñerlle máis difícil a súa recuperación.”
A iniciativa do BNG provoca que a Concelleira de Igualdade convoque, por fin, o Consello Municipal da Muller para o 30 de marzo
A Portavoz do BNG, Manuela Rodríguez, parabeniza a rectificación da Concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, que co bloqueo da convocatoria estaba a impedir a participación das mulleres no deseño e toma de decisións das políticas municipais que lles afectan.
A Portavoz Municipal do BNG e Vice-Presidenta do CMM, Manuela Rodríguez, impulsa a recollida de apoios para solicitar a súa convocatoria extraordinaria e urxente
Manuela Rodríguez: “O CMM, como órgano consultivo e de representación e participación das mulleres, debe ser o foro onde consensuar as políticas de igualdade a desenvolver no Concello e onde avaliar o nivel de cumprimento do Plan de Igualdade municipal.”
O BNG insta a executar xa os fondos europeos destinados a eliminar a fenda dixital
Ana Miranda denuncia que o retraso na dixitalización provoca o aumento
da exclusión social e a incomunicación nas zonas rurais