O BNG de Gondomar inicia nas parroquias as mesas de debate da campaña a prol do saneamento integral do concello
Segundo está recollido no borrador do PXOM de Gondomar, hai parroquias nas que a rede municipal de saneamento cobre escasamente o 10% das vivendas e en ningunha pasa do 70%. Esta carencia, e a falla de outras alternativas por parte do goberno local, obriga a manter depósitos cuxas filtracións provocan a contaminación das terras, dos acuíferos e mananciais, e deixa inutilizados os pozos de auga e fontes.
O BNG de Gondomar demanda da Xunta a inclusión do concello no Plan de trasporte metropolitano da área de Vigo
Manuela Rodríguez: “BNG de Gondomar vén de presentar unha moción para esixir ao goberno da Xunta a inclusión de Gondomar no Plan de trasporte metropolitano de Galiza na área de Vigo, para a súa veciñanza ter dereito aos descontos da tarxeta e a todas as vantaxes do transporte metropolitano”
O BNG denuncia que Mesa Local de Coordinación contra a Violencia Machista leva sen convocar dende marzo de 2017
Manuela Rodríguez: “A non convocatoria está a impedir a elaboración dun informe que visibilice a magnitude real da violencia machista na localidade de Gondomar e as súas repercusións sociais. Un informe que permitiría actuar directamente sobre as súas causas. O BNG insta ao goberno local a convocala de inmediato”
BNG demanda mellorar a conexión de Internet no concello de Gondomar
Néstor Rego reclama levar a cabo as obras de ampliación da rede de fibra e conseguir cumprir os compromisos de implantación do servizo de internet. Urxe impulsar unha reforma da normativa para que obrigue ás compañías a aplicar as bonificacións ou descontos na factura de internet cando non cumpran os contratos
Aprobada a moción do BNG contra os recortes da Xunta no número de docentes no IES Auga da Laxe
No pleno municipal do pasado xoves foi aprobada a moción do BNG contra o recorte de profesorado que a Xunta impuxo no IES Auga da Laxe de Gondomar para este curso 2021-2022.
Só votou en contra o grupo municipal do PP, cuxa portavoz, Paula Bouzós, preferiu defender os recortes de Feixóo antes que a calidade do ensino do alumnado de Gondomar.
O BNG denuncia que Naturgy volve deixar sen luz a varias parroquias de Gondomar
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “É indignante que cando o BNG propón medidas como o soterramento das liñas que atravesan o monte, para evitar as avarías producidas polas caídas de árbores sobre elas ou polo impacto de pólas e cascas, a resposta sexa sempre a mesma: é moi caro. E logo vemos como en 2020, en plena pandemia, as eléctricas obtiveronbeneficios multimillonarios: Naturgy 490 Millóns de euros, Endesa 1.394, Iberdrola 3.610.”
O BNG esixe comparecencia do Alcalde en Pleno extraordinario para dar explicacións sobre a presunta prevaricación relacionada co Polígono da Pasaxe
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “O Alcalde non só debe dar conta do que implica a sentencia, senón que tamén debe despexar, á maior brevidade posible, calquera dúbida a respecto da legalidade das actuacións realizadas na Pasaxe”
O BNG continua coa recollida de sinaturas contra a estafa da suba da luz e en demanda dunha tarifa eléctrica galega
A campaña continúa e, nesta segunda fase, o BNG complementará a recollida na rúa de sinaturas de consumidores e consumidoras particulares cunha rolda de visitas ás pequenas e medianas empresas do concello cuxas actividades se desenvolven necesariamente durante as horas de maior custo da enerxía.
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Ademais de recoller as súas sinaturas, aproveitaremos para lles trasladar a alternativa do BNG e as propostas e iniciativas que está a presentar tanto nos parlamentos galego e estatal como nos concellos.”
BNG avanza iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para demandar melloras na conexión de Internet no concello de Gondomar
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Constitúe un agravio que Telefónica anuncie o reforzo no verán da súa rede móbil no Val Miñor para permitir máis e mellores conexións, mentres a veciñanza de Gondomar está todo o ano “desconectada”.