loita
feminismo
25N

O BNG reclama converter a loita contra a violencia machista en verdadeira prioridade política, social e institucional

As nacionalistas demandan medidas concretas que melloren a aplicación e desenvolvemento das leis e dos seus instrumentos para combater todas as formas de violencia machista

 

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG:Non caben negacionismos nin homologacións: a violencia machista é unha violencia presente, evidente, diferenciada, consecuencia dun sistema de dominación social contra as mulleres, o patriarcado

Ler novas
Serra do Galiñeiro
FotoSerraGaliñeiro

O BNG parabeniza á Comunidade de Montes de Víncios, aos colectivos sociais e á veciñanza en xeral por conseguiren coa súa loita a paralización do proxecto eólico no Galiñeiro

A Portavoz Municipal do BNG en Gondomar, Manuela Rodríguez, celebra o anuncio de que o parque eólico no Galiñeiro non será tramitado.

É unha gran vitoria colectiva, da Comunidade de Montes de Víncios, das veciñas e veciños, da Plataforma Pola protección da Serra do Galiñeiro e dos colectivos e organizacións que plantaron cara a un proxecto agresivo e aberrante contra un enclave natural de enorme valor. Unha vitoria que vén demostrar, máis unha vez, que a mobilización social é quen de frear o despropósito e de conquistar un futuro mellor”.

Ler novas