O BNG de Gondomar presenta emendas aos orzamentos da Xunta para 2024 que supoñen un investimento de 3,3M€ para o Concello
As catorce emendas formuladas céntranse no reforzamento dos servizos públicos, no medio ambiente e na mellora da mobilidade e das infraestruturas
O BNG insta a Xunta e Concello a garantir, con urxencia, o servizo de comedor para o CRA Antía Cal de Gondomar
O goberno da Xunta volve ignorar ás familias do alumnado de infantil do colexio rural: nin lles dá o servizo para as crianzas, nin facilita que poida prestalo o Concello. O goberno local incumpre as promesas electorais e traslada ás familias que a solución vai para longo.
O BNG de Gondomar esixe que a Xunta garanta o comedor a todo o alumnado do CRA Antía Cal
O goberno da Xunta pretende dar servizo só aos alumnos da aula de Peitieiros que xa usaban o comedor no curso anterior e até que finalicen a etapa de infantil, e négalle ese dereito ao resto do alumnado das dúas aulas de Peitieiros e ao das aulas de Chaín, Couso, Morgadáns e Vilaza.
O goberno local, que debería mediar entre Consellería, centros educativos e familias para garantir o servizo a todo o alumnado que o precisar, está ausente
Manuela Rodríguez: “E indignante que o goberno do PP na Xunta decida non prestar un servizo que é da súa competencia; tamén o é que o goberno local do PSOE, que o co-xestionaba até agora, se desentenda das familias e mire para outro lado”.
O BNG de Gondomar reclama a Xunta e Concello que garantan o comedor escolar no CRA Antía Cal para o vindeiro curso
A fronte nacionalista presenta unha moción ao Pleno diante da preocupación das familias da aula de Peitieiros tras recibir unha circular da dirección do centro advertindo do risco de perder o servizo, que pasará a estar xestionado polo Goberno galego.
Manuela Rodríguez: “Esta preocupación, causada pola desinformación, vese agravada pola negativa da concelleira de Educación de Gondomar a se reunir coas familias”.
O BNG insta á Xunta a paralizar os proxectos eólicos na Serra da Groba, a Serra do Galiñeiro, o monte Valga e a costa de Oia
Luís Bará denuncia a política eólica do PP para beneficiar intereses empresariais e pide ao goberno que escoite as demandas da cidadanía e aos concellos do Partido popular que rexeitan os proxectos
O BNG de Gondomar demanda da Xunta a inclusión do concello no Plan de trasporte metropolitano da área de Vigo
Manuela Rodríguez: “BNG de Gondomar vén de presentar unha moción para esixir ao goberno da Xunta a inclusión de Gondomar no Plan de trasporte metropolitano de Galiza na área de Vigo, para a súa veciñanza ter dereito aos descontos da tarxeta e a todas as vantaxes do transporte metropolitano”
Aprobada a moción do BNG contra os recortes da Xunta no número de docentes no IES Auga da Laxe
No pleno municipal do pasado xoves foi aprobada a moción do BNG contra o recorte de profesorado que a Xunta impuxo no IES Auga da Laxe de Gondomar para este curso 2021-2022.
Só votou en contra o grupo municipal do PP, cuxa portavoz, Paula Bouzós, preferiu defender os recortes de Feixóo antes que a calidade do ensino do alumnado de Gondomar.
O BNG denuncia que Xunta e Concello aínda non confirmaron as familias se van ter servizo de comedor escolar no vindeiro curso
Manuela Rodríguez: “É intolerable que, a menos dun mes da matrícula, as familias aínda non saiban se van ter ese servizo para as súas crianzas nos colexios de Gondomar”.
O BNG esixe dos gobernos da Xunta e de Gondomar a garantía inmediata da prestación servizo de comedor escolar no vindeiro curso
Carmela González, deputada do BNG no Parlamento galego, e a portavoz municipal, Manuela Rodríguez, reuníronse con representantes das ANPAs de Gondomar para abordar a situación provocada pola deixamento de funcións de ambas administracións.