O BNG de Gondomar reclama do Alcalde a convocatoria urxente da comisión especial para a municipalización da rede da auga de Vilaza
A Portavoz nacionalista, Manuela Rodríguez, ponse de novo a disposición para colaborar na resolución do expediente, tal como xa fixera no pleno celebrado o 20 maio de 2021 (https://i.gal/4NlCJ), en que se facultou ao Sr. Ferreira para designar os integrantes desa comisión da que este excluíu a oposición.