BNG de Gondomar
Conversa co BNG
FotoEncontrosVeciñais

O BNG remata na vila de Gondomar a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello

O BNG de Gondomar rematará no centro da vila a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello realizada co fin de coñecer de primeira man necesidades das veciñas e veciños.

O encontro, no que participará a portavoz municipal e candidata do BNG á vindeiras municipais Manuela Rodríguez Pumar, terá lugar mañá luns 27 de febreiro, ás 20h, no Café Keik (rúa Ánimas).

Ler novas
medio ambiente
FotoBNG_PtvozNal

O BNG propón un plan municipal contra inundacións en Gondomar e reclama axudas da Xunta

A fronte nacionalista promove a convocatoria dun Pleno extraordinario, co apoio do resto da oposición, para acordar medidas que reduzan o risco de inundacións e paliar os danos


Manuela Rodríguez: “É urxente actuar e o alcalde mira cara outro lado, nin tan sequera contestou á nosa petición para escoitar á veciñanza afectada”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante unha visita este venres a zonas afectadas polas riadas, demanda ao Goberno galego do PP que pacte cos concellos un plan de recuperación

Ler novas
economía
IMG_9498 (2)

O BNG denuncia a incompetencia de Paco Ferreira por ser incapaz de presentar un orzamento propio en oito anos de Alcalde

Manuela Rodríguez, portavoz municipal de e candidata do BNG ás vindeiras eleccións municipais: “Seguimos con moito Facebook e moita mediática do Alcalde, gabándose de actuacións realizadas -e mesmo dalgunhas sen realizar-, sempre a través de axudas e proxectos financiados por outras administracións e centradas basicamente en mellorar a imaxe do centro da vila, esquecendo as necesidades máis básicas das parroquias”

Ler novas
medio ambiente
FotoBNG_PtvozNal

O BNG propón un plan municipal contra inundacións en Gondomar e reclama axudas da Xunta

A fronte nacionalista promove a convocatoria dun Pleno extraordinario para acordar medidas que reduzan o risco de inundacións e paliar os danos

Manuela Rodríguez: “É urxente actuar e o alcalde mira cara outro lado, nin tan sequera contestou á nosa petición para escoitar á veciñanza afectada”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante unha visita este venres a zonas afectadas polas riadas, demanda ao Goberno galego do PP que pacte cos concellos un plan de recuperación.

Ler novas